27/01/2016

Hora de ler e "Nais e pais de conto"

Presentamos o calendario da Hora de ler na biblioteca, na que diferentes cursos contarán, cantarán, representarán, recitarán... diferentes historias a outros cursos. Do mesmo xeito tamén incluimos as datas das visitas de familiares do alumnado, dentro do programa "Nais e pais de conto".

Queremos saber máis sobre os paleontólogos

Continuamos co desenvolvemento do PDI DinosauRus, por este motivo, o próximo 12 de febreiro acudirán ao centro catro representantes da Asociación Paleontolóxica galega cos que aprenderemos máis sobre a profesión de paleontólogo. Nas charlas programadas para os diferentes cursos o alumnado poderá interactuar e solucionar as dúbidas que xurdiron neste período de investigación.

26/01/2016

Contacontos na Hora de Ler



En Leoteca continúan os contacontos na Hora de Ler. Hoxe, un grupo de nenas de 4º de EP ( Sara, Julia, Sabela, Ana, Aroa e Dalia) " Las mix de 4º", representaron un conto "La Bruja Rechinadientes" para os nenos e nenas de Educación Infantil do noso cole. Prepararon as invitaciós para os compañeiros/as de infantil e foron a invitalos as súas aulas. Os peques escoitaron atentamente a historia que dramatizaron as súas compañeiras e quedaron encantados/as. 

"Las mix de 4º" realizarán esta dramatización para as nenas/os de 1º, 2º  e 4º de EP próximamente!. Grazas por compartir as vosas ilusións e ganas de contar contos !








Pegadas de Paz

Como xa comentamos en anteriores entradas o día 30 de xaneiro conmemórase o día Escolar da non violencia e a paz. Para celebralo facilitamos neste blogue ao profesorado diverso material co que traballar esta temática. Así mesmo quixemos realizar diferentes actividades na propia biblioteca durante esta semana.

De boca en boca!

O pasado mércores continuou a visita de "Nais e pais de conto". Nesta ocasión foi Lucía (nai dun neno de 1º de E.P.) que, caracterizada para  a ocasión como "Soledá", transmitiulle ao carón da lareira, aos nenos/as de 5º e 6º de E.P., diferentes contos de tradición oral da comarca.
A través desta actividade puxemos en contacto diferentes xeracións e ademais quixemos promover a supervivencia destas historias tradicionais que van pasando de boca en boca.

19/01/2016

O carteiro que se converteu en carta

Hoxe na Hora de ler os nenos/as de 3º de E.P. realizaron unha función moi especial para o alumnado de 1º e 2º de E.P. na que en primeiro lugar recitaron unhas poesías de diversos autores/as como Gloria Fuertes, Manuel María ou Xosé Neira Vilas.

15/01/2016

Grazas e bicos

Con motivo do Festival de Nadal "Dinsons" e o premio obtido no II concurso de traballo por proxectos, quixemos agradecer a toda a comunidade educativa a implicación no desenvolvemento destes Proxectos Documentais Integrados. A través deste vídeo quixemos facer partícipes a todos/as da ledicia polo recoñecemento ao traballo realizado durante o curso, tanto a aquel alumnado, pais/nais e profesorado que continúan vinculados ao centro, como aqueles/as que participaron desta viaxe nalgún momento.

13/01/2016

Día Escolar da non violencia e a paz


O próximo 30 de xaneiro, conmemorando o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celebrarase o Día Escolar da non violencia e a paz. Desde a biblioteca queremos sumarnos a esta iniciativa coa montaxe da exposición adicada á temática da non violencia, amizade, solidariedade e os sentimentos, establecendo dous espazos un con libros para prelectores e primeiros lectores e outra zona con obras para lectores autónomos e expertos, e que xa podedes consultar.

12/01/2016

Novo ano, mesmas ilusións

http://www.edu.xunta.es/eduga/979/boas-practicas/biblioteca-o-sol-que-ilumina-o-centroComezamos o ano 2016 presentándovos o artigo que se elaborou desde o equipo de biblioteca, que foi publicado na revista EDUGA, titulado "A biblioteca: o sol que ilumina o centro". Neste artigo relatamos como se desenvolveu o PDI "Rus entre planetas", premiado no II Concurso de traballo por proxectos, no que participou toda a comunidade educativa. Picando na imaxe podedes acceder ao apartado "Boas prácticas" da revista, onde se atopa o documento.
Nuns días tamén publicaremos o vídeo de agradecemento a toda a comunidade educativa que se proxectou no Festival de Nadal "Dinsons".
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...