20 de dec. de 2016

Premios trimestrais

O pasado venres entregamos uns agasallos aos lectores que máis libros levaron prestados da biblioteca, que nesta ocasión foron Sarai (3º E.P.) e Ángel (2ºE.P.)


Aproveitamos a ocasión para entregar uns pequenos detalles ás familias que participaron na actividade "Nais e pais de conto" durantes estes primeiros meses de curso, esperando novas achegas da comunidade educativa queremos agradecer a vosa implicación.
Tamén queremos animar a que coñezades a nosa biblioteca, que está aberta a todos vós para que tiredes proveito dela. Se tedes algunha proposta de actividade ou suxestión estaremos encantados de valorala con vós, se o desexades podedes utilizar o canal do blogue, ben a través dos comentarios, ben a través do enlace da columna da dereita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...