25 de nov. de 2016

Dobre sesión de cine

Hoxe, como xa comentamos na anterior entrada, é 25-N Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Por este motivo, como todos os venres, programamos "Os venres son curt@s", pero nesta ocasión agárdanvos dúas proxeccións.

Co desenvolvemento do PDI "De espectadores a protagonistas" queremos ofrecervos a película de Georges Méliès "Le voyage dans le Lune" (El viaje a la luna) inspirada na obra do escritor Julio Verne "De la Tierra a la Luna".
A continuación proxectaremos un vídeo titulado "Slap her" (Dálle unha labazada) no que poderemos ver as reaccións dos nenos/as ante as preguntas que lles formulan. Nenos rexeitando a violencia de xénero, establecendo que a relación entre ambos sexos ten que ser de plena igualdade. Os nenos din:

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!


Vós tamén podedes deixar unha mensaxe rexeitando a violencia de xénero no espazo para comentarios. Anímate! Todos contra a violencia de xénero!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...