31 de mar. de 2017

Alike

A historia de Copi e Paste contada nunha curta de Daniel Martínez e Rafa Cano titulada "Alike" e que foi premiada como mellor curta de animación na 30ª edición dos Premios Goya (2016).

27 de mar. de 2017

Antón Cortizas na biblioteca

A través dunha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) hoxe visitou a biblioteca o escitor galego Antón Cortizas.

26 de mar. de 2017

Hoxe lenos...


A semana pasada os alumnos/as  de 4º de EI coa axuda da súa profe Nelly, representaron para algúns compañeiros/as o conto " A que sabe a lúa?"de Michael Gregniec. 

" Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela... Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: ''Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela'', díxolle ao elefante......." (www.casadellibro.com)
Os nenos /as de 3 anos o fixeron moi,moi ben e queremos darlles as gracias pola súa colaboración e as súas ganas e porque gracias a eles/as agora xa sabemos a que sabe a lúa!





















Hoxe lenos...

nera, a ferreira-imelda barrio-9788492630028
A semana pasda, os alumnos/as de 1º A , coa axuda da súa profe Vero, representaron unha adaptación da obra "Nera, A Ferreira" de Imelda Barrio.
Esta obra de Baía Edicións trata de romper coa tendecia nos contos infantís de asignar roles esteriotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro. 

" Nera naceu nun momento especial; era xusto cando o Consello de fadas se reunía para outorgar un desexo á persoa que chegase ao mundo nesa noite. Pero, cal sería o mellor desexo para conceder?" 


   


Ao final da obra, os nenos/as cantaron un rap pola igualdade que inventaron coa colaboración da profe Vero e do profe Miguel. Moitas grazas ao alumnado de 1ºA por facer esta obra con tanto entusiasmo e dedicación.

video

24 de mar. de 2017

Levantado!

Este venres no recreo proxectarase a curta de Pixar "Lifted. Failure is an option" do ano 2006 e que foi nominada a mellor curta de animación na edición de 2006 dos Oscar.

23 de mar. de 2017

Pantalla dixital

A pantalla dixital da biblioteca xa está acendida para facer unha homenaxe á poesía durante a súa semana.
Esta actividade que combina a papiroflexia coa poesía esta baseada na obra do artista francés Etienne Cliquet e a súa "Digital display".

21 de mar. de 2017

Semana da poesía

Hoxe comezou a celebración da "Semana da poesía" na que se desenvolveran distintas actividades para conmemorar esta data tan significativa no calendario da nosa biblioteca, como é o 21 de marzo Día Mundial da Poesía promovido pola UNESCO.

20 de mar. de 2017

Tes bo ollo!

Tes bo ollo! é unha actividade que comeza neste trimestre, que consistirá na recomendación de libros por parte de alumnos/as do centro. Teredes que buscar os ollos que vos observan e que agardan ser lidos!

17 de mar. de 2017

A maior flor do mundo

No recreo de hoxe achegamos a curta "A flor máis grande do mundo" dirixida por Juan Pablo Etcheverry con música de Emilio Aragón. Está baseada na obra de José Saramago "A maior flor do mundo".

15 de mar. de 2017

Ruta escornabot

O pasado martes mantivemos unha conversa co alumnado do CEIP Serra-Vincios (Gondomar) no que puidemos observar o moito que saben, a cantidade de traballo e ideas que hai nos centros públicos galegos.

Longa vida á poesía!

A partir do luns celebraremos na biblioteca a "Semana da poesía", na que durante os recreos o alumnado escribirá os seus pareados nuns cadrados de papel que logo formarán parte da "pantalla dixital" que colocaremos nunha das paredes. Estade atentos durante a próxima semana porque haberá novidades.
VIVA A POESÍA!

Creatividade en grupo

Hoxe na biblioteca desenvolveuse un obradoiro no que participaron os nenos/as da aula de 5ºE.I., xunto coa súa titora Alba,  e 8 nenos/as de 6º de E.P. A actividade consistíu en que os grupos, formados por alumnos/as de ambos cursos, tiñan que consensuar un deseño cos materiais dos que dispoñían para logo tentalo poñer en práctica co material da zona "Faino ti mesmo" que tiñan.
Queremos agradecer a Rosa Piquín a súa axuda por compartir e ensinarnos esta actividade

13 de mar. de 2017

A ruta escornabot pasa por Gondomar

Mañá martes realizaremos unha videoconferencia a través de Hangouts coa biblioteca do CEIP Serra-Vincios (Gondomar) para compartir o proxecto escornabot na Biblioteca Escolar.

10 de mar. de 2017

Cordas que unen

Na sesión de hoxe dos "Venres son curt@s" presentamos unha curta premiada nos Goya de 2014 que representa os valores propios da amizade. "Cuerdas" é unha curta escrita e dirixida por Pedro Solís, musicada por Víctor Peral e producida por Nicolás Matji.

7 de mar. de 2017

As protagonistas sodes vós!

Durante esta semana están expostas distintas obras que teñen ás mulleres como protagonistas nas dúas entradas da biblioteca con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Acompañamos esta entrada cunha Guía de lectura para esta semana.

Hoxe lenos...

Resultado de imagen de un conto cheo de lobos
Nesta ocasión  en hoxe lenos... sete alumnos de 5º de EP prepararon un contacontos para 1º A,1ºB e 2º de EP. Os alumnos foron: Hugo Fdz, Hugo Fa, David, Sergio L, Sergio V, Dani F e Martín. O conto elexido polos alumos foi "Un conto cheo de lobos", dos autores Roberto Aliaga & Roger Olmos , da Editorial OQO.

"Había lobos grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes, lobos ananos... e lobos con máis de cen anos. Había lobos de todas as cores: verdes, azuis, vermellos… Había lobos con lentes e lobos con sombreiro. Lobos que escribían cartas, lobos trampulleiros e lobos que mexaban sobre un formigueiro. O conto estaba cheo de lobos!"
Agradecemos dende Leoteca o esforzo do alumnado na preparación deste tipo de actividades e cotinuamos animando a que participen cantos máis alumnos/as e familias millor!







Taboleiros escornabot para Educación Infantil

Os nenos/as de 6º de E.I. xunto coa súa mestra Mari elaboraron dous taboleiros para xogar e aprender co escornabot.

4 de mar. de 2017

Premios Mestre Mateo

https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/premios-mestre-mateo/
Hoxe en Palexco (A Coruña) celébrase a Gala de entrega dos premios Mestre Mateo que presentará Iolanda Muiños e retransmitirá a TVG a partir das 22h.

3 de mar. de 2017

A caixa dos monstros

Tralo Entroido retomamos as sesións dos Venres son curtas cunha obra titulada "Monsterbox" de nacionalidade francesa, dirixida por Ludovic Gavillet e con música de Erwann Chandon.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...