3 de abr. de 2017

Xuntos coa lectura

O pasado domingo 2 de abril conmemorouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que coincide coa data de nacemento de Hans Christian Andersen.
Desde o centro queremos sumarnos a esta iniciativa e mañá martes 4 de abril poremos en marcha o programa de apadriñamento lector "Xuntos coa lectura". A través dos seus compañeiros/as de cursos superiores pretendemos achegar a experiencia lectora a aqueles/as que estean a iniciarse nela.
Os nenos/as de Educación Infantil terán un compañeiro/a dos cursos de 4º -5º - 6º de Educación Primaria que vos animarán, aconsellarán, lerán, cantarán... para que nun futuro vós poidades ser os que axuden fomentar o gusto pola lectura entre o alumnado do CEIP Canosa-Rus.
Xuntos coa lectura!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...