15/03/2017

Creatividade en grupo

Hoxe na biblioteca desenvolveuse un obradoiro no que participaron os nenos/as da aula de 5ºE.I., xunto coa súa titora Alba,  e 8 nenos/as de 6º de E.P. A actividade consistíu en que os grupos, formados por alumnos/as de ambos cursos, tiñan que consensuar un deseño cos materiais dos que dispoñían para logo tentalo poñer en práctica co material da zona "Faino ti mesmo" que tiñan.
Queremos agradecer a Rosa Piquín a súa axuda por compartir e ensinarnos esta actividade
Dous equipos tiñan a súa disposición as pezas de construción GIGI e outros dous as pezas de construción tipo lego. Os primeiros tiñan que deseñar algo que puidesen construír con todas as pezas das que dispoñían, os segundos debían realizar unha imaxe co material organizado seguindo a técnica de knolling.
Estes son algúns dos momentos desta xornada na que un grupo construíu un foguete, outro un can e elaboraron imaxes de obxectos relacionados co cine como unha cámara ou unha pantalla cunha escena de Bob Esponxa.

Proximamente publicaremos os vídeos coas explicacións de cada un dos grupos. Grazas a todos/as por esta xornada, aprendemos diariamente de vós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...