13 de feb. de 2017

Aprendemos con Luz Beloso e o seu alumnado

Hoxe contactamos co IES As Barxas (Moaña) para que o alumnado e a propia Luz Beloso nos contasen a súa experiencia traballando no eido audiovisual desde un centro educativo público. A través de Hangouts Lucía, Xabi, Sira, Noe, Isa, Nerea, Natalia, Claudia e a propia Luz ensináronnos e aconselláronnos sobre os aspectos básicos para producir distintas obras audiovisuais.
Estes coñecementos servirannos para seguir progresando no PDI "De espectadores a protagonistas". Ao final da entrada publicaremos o vídeo ao completo.
Agradecemos encarecidamente a colaboración desinteresada, que mesmo ocopou a súa hora para comer. Grazas e noraboa polo voso traballo!
A continuación deixámosvos a videoconferencia para que poidades repasar toda a información transmitida e para que poidan vela aqueles que non puideron asistir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...