23 de out. de 2017

A BIBLIOTECA ESTÁ DE FESTA


O 24 DE OUTUBRO celébrase o día das bibliotecas. A pesares de que a nosa biblioteca está pechada nós  non quixemos pasar por alto este día.

Resultat d'imatges de imagen mochila viaxeira ceip canosa-rus
Esta semana saíron as mochilas viaxeiras para as casas das nenas e dos nenos! E esperamos que pronto Leoteca abra as súas portas. Estamos a traballar moito para que sexa o máis rápido posible!

Mentras tanto  elaboramos un vídeo entre tod@s no que os nenos e nenas  responderon  a pregunta...
QUE SIGNIFICA PARA TI ESTAR SEN BIBLIOTECA?
Pinchade no seguinte debuxo e descubriredes a resposta!



Os nenos e as nenas de 6º de EP prepararon algo especial para este día, isto é soamente un adianto...

video

E para rematares recomendamos ver este corto a modo de reflexión.

19 de out. de 2017

Comezamos a investigar!

Hoxe os alumnos /as de 4º e 6º de EP fixeron unha saída moi especial a Carballo. Estes grupos teñen a materia de "Aprender a investigar" e as súas primeiras sesións están enfocadas a aprender como se organiza  Leoteca e tamén como se organizan outras bibliotecas públicas da contorna.

Por este motivo visitaron a biblioteca Rego da Balsa de Carballo. Alí puideron comprobar como se organizan os libros neste lugar, as seccións coas que contan ,os medios técnicos dispoñibles, a duración  dos préstamos... e lles explicaron como acceder a búsqueda de información. A través dun xogo por grupos puidemos comprobar o ben que entenderon como se investiga nos libros desta biblio e comparalo coa nosa Leoteca. Moitas grazas as traballadoras da biblioteca por atendernos tan ben!

Aproveitamos esta saída para levar a cabo unha visita guiada "Derrumbando muros con pintura" por algunhas das pinturas murais de Carballo. Esta visita foi levada a cabo por Patricia Mañana, técnica de turismo do concello de Carballo e Cristina Castro, artista carballesa que participou en Derrumbando muros con pintura. Algunhas destas obras  están relacionados con seres fantásticos e mitolóxicos: mouras, dragón, bosques, etc. e aproveitamos para relacionalo co PDI LENDARIO que estamos a levar a cabo dende Leoteca este curso. Moitas grazas a Patricia e Cristina por esta visita e polo voso traballo!
A continuación podedes ver algunhas das imaxes da xornada!

video

E lembrade que o vindeiro día 24 de outubro celébrase o  DÏA DA BIBLIOTECA! Estades moi atentos/as, xa que Leoteca nunca deixará de sorprendernos!

18 de out. de 2017




A CAIXA DE PANDORA

Estes días chegaron as portas das aulas unhas caixas cunha nota moi misteriosa.  Sería a Caixa de Pandora?



Ao final os nenos foron atrevidos  e abrírona .               


Na caixa atoparon obxectos relacionados coa mitoloxía: loureiros, mouras, meigas, xacias...





Empezaron a investigar...

CARTA LEOTECA

MITO A CAIXA DE PANDORA





10 de out. de 2017



Regresamos!!!!

O novo proxecto está en marcha!! Os mitos, as lendas e  os contos viaxarán connosco este curso baixo o nome de LENDARIO!!









26 de xuño de 2017

Valoración do curso

Durante o mes de xuño alumnado, profesorado e familias tiveron a oportunidade de participar na avaliación do funcionamento da biblioteca. Nesta entrada vos presentamos os resultados gráficos das respostas presentes nas enquisas e que axudarán a mellorar a programación da biblioteca.

19 de xuño de 2017

Aprendemos con "De espectadores a protagonistas"

Aquí chega o vídeo que elaboraron as aulas de E.I. para presentar o traballo desenvolvido, parte del xa foi proxectado o día da Gala do Festival dos soñadores, titulado "Imos ao cine!".  Tamén incluimos a presentación que fixeron os nenos/as de 6º de E.P. do traballo de investigación que realizaron ao longo do curso, destacar que tanto os guións, como a gravación do vídeo foi realizada integramente polo propio alumnado.

IMOS AO CINE!


AULA DE 6º E.P.


Gustáronvos?

16 de xuño de 2017

Viaxa máis aló das estrelas...

Presentámosvos a guía de lecturas para o verán con recomendacións para todos os niveis de lectura e con tres películas que consideramos interesantes.

6 de xuño de 2017

Gala de entrega de premios

Hoxe celebrouse a Gala de entrega de premios do Festival dos soñadores no Pazo da Cultura de Carballo. Os nenos/as foron os protagonistas da xornada compartindo o seu traballo con alumnado doutros centros e de distintas idades.
Desenvolveron as tarefas necesarias para que todo funcionase correctamente como foi a de acomodadores, realizadores, cámaras, presentación, actuacións, exposicións, coordinación e dirección, o traballo previo está á vosa disposición no blogue do festival. Na retransmisión podedes recuperar algúns destes momentos.

5 de xuño de 2017

Gala Festival dos soñadores

Mañá celebrarase a Gala de entrega de premios do Festival dos soñadores que pon punto final ao PDI De espectadores a protagonistas, que tivo ao cine como centro de interese no Pazo da Cultura de Carballo.

1 de xuño de 2017

Premios do Festival

No mes de maio tivemos un encontro cos nenos/as da E.E.I. Barrionovo (Arteixo) para facerlles o encargo dos premios do Festival dos soñadores. Nesta nova, que redactaron os nenos/as de 4º E.P., accederedes á videoconferencia.

26 de maio de 2017

Finalistas do Festival dos Soñadores

Estamos chegando á recta final do PDI De espectadores a protagonistas. Cumprindo cos prazos establecidos nas bases vense de publicar o listado das curtas finalistas do Festival dos Soñadores no blogue do concurso.
Grazas a todos os nenos/as e aos centros educativos pola súa participación.
Sorte aos finalistas!

19 de maio de 2017

Homenaxe á nosa lingua

Na función de hoxe de Os venres son curt@s presentámosvos unha obra realizada polo alumnado de 1º da ESO do IES As Barxas, titorizado por Luz Beloso, titulada "A muller lamprea IV". Destacamos tamén o guión de Miguel Ángel Alonso Diz, que ademais achega a súa voz.

12 de maio de 2017

Aprendendo a voar

No recreo de hoxe proxectarase "Soar" unha curta realizada por Alyce Tzue na Academy of Art University. Esta obra que foi nominada e galardoada con numerosos premios. Esta obra inspirada no Principiño (A. de Saint-Exupéry) traslada a idea de que se te esforzas o máximo por dar o que tes, ás veces consegues máis do que nunca esperaches.

10 de maio de 2017

A ruta escornabot

O próximo venres 12 de maio realizaremos unha nova parada na ruta escornabot e compartiremos as experiencias cos robots coa B.E. Milladoiro de Malpica.

5 de maio de 2017

Cruzamos xuntos?

Nesta nova edición de "Os venres son curt@s" traemos "Bridge", que foi creada polo animador Tin Chian Tei, con música de Greg Gauba e producida por Human Trips Productions no ano 2010.

28 de abr. de 2017

Coidado coas ondas!

Nesta ocasión presentámosvos a curta de animación "Piper" producida por Pixar e dirixida por Allan Barillaro. Na edición 2016 dos Oscar foi premiada á mellor curtametraxe de animación.

21 de abr. de 2017

Deamos vida aos libros!

O próximo domingo 23 de abril celebrarase o Día do libro, nós queremos comezar a celebralo coa proxección hoxe en "Os venres son curt@s" de "Los fantásticos libros voladores de Mr. Morris Lessmore" dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg. Producida por Moonbot Studios foi premiada en diversos festivais e galardoada co Oscar á mellor curtametraxe de animación na edición de 2011.

17 de abr. de 2017

Gracias nais e pais de conto!

Un trimestre máis queremos agradecer a colaboración das familias na actividade "Naie e pais de conto"cun pequeno agasallo artesanal feito polos nenos/as. Hai familias que xa repetiron e outras que estiveron con nós por primeira vez. Dende Leoteca animámosvos a que sigades participando desta actividade xunto cos vosos fillos/as.
Moitas grazas por participar  e facer disfrutar aos nenos/as coas vosas creacións!










7 de abr. de 2017

Insectos solidarios

Durante o recreo proxectarase na biblioteca unha obra nominada á mellor curta de animación na edición 2015 dos Oscar. Trátase de "Sweet Cocoon" dirixida entre outros por Matéo Bernard e producida por ESMA.

6 de abr. de 2017

Apadriñamento lector

Resultado de imagen de imagen libro amigoEsta semana dende Leoteca puxemos en práctica unha nova actividade de animación á lectura: " O apadriñamento lector". 
Consistiu en que os nenos/as de 4º,5º e 6º de EP tiveron apadriñado a un neno/a de EI durante a  hora de ler do pasado martes. Cada madriña/padriño elexiu un conto para lerlle ao seu afillado/a nun recuncho do patio. Foi unha actividade moi positiva en canto a lectura, motivación e convivencia entre as diferentes aulas do centro  e os nenos/as disfrutaron moitísimo contando e escoitando os contos. Podedes ver as imaxes no seguinte vídeo. 

video

4 de abr. de 2017

Grazas aos nosos poetas e poetisas


Nesta entrada queremos compartir con vós os poemas que compuxeron os nenos/as do cole durante a Semana da poesía. Lembramos que durante esa semana o alumnado, guiado polos seus titores/as, elaborou uns pareados, que logo escribiu nas follas que compoñen pantalla dixital da biblioteca.

31 de mar. de 2017

Alike

A historia de Copi e Paste contada nunha curta de Daniel Martínez e Rafa Cano titulada "Alike" e que foi premiada como mellor curta de animación na 30ª edición dos Premios Goya (2016).

27 de mar. de 2017

Antón Cortizas na biblioteca

A través dunha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) hoxe visitou a biblioteca o escitor galego Antón Cortizas.

26 de mar. de 2017

Hoxe lenos...


A semana pasada os alumnos/as  de 4º de EI coa axuda da súa profe Nelly, representaron para algúns compañeiros/as o conto " A que sabe a lúa?"de Michael Gregniec. 

" Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela... Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: ''Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela'', díxolle ao elefante......." (www.casadellibro.com)
Os nenos /as de 3 anos o fixeron moi,moi ben e queremos darlles as gracias pola súa colaboración e as súas ganas e porque gracias a eles/as agora xa sabemos a que sabe a lúa!





















Hoxe lenos...

nera, a ferreira-imelda barrio-9788492630028
A semana pasda, os alumnos/as de 1º A , coa axuda da súa profe Vero, representaron unha adaptación da obra "Nera, A Ferreira" de Imelda Barrio.
Esta obra de Baía Edicións trata de romper coa tendecia nos contos infantís de asignar roles esteriotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro. 

" Nera naceu nun momento especial; era xusto cando o Consello de fadas se reunía para outorgar un desexo á persoa que chegase ao mundo nesa noite. Pero, cal sería o mellor desexo para conceder?" 


   


Ao final da obra, os nenos/as cantaron un rap pola igualdade que inventaron coa colaboración da profe Vero e do profe Miguel. Moitas grazas ao alumnado de 1ºA por facer esta obra con tanto entusiasmo e dedicación.

video

24 de mar. de 2017

Levantado!

Este venres no recreo proxectarase a curta de Pixar "Lifted. Failure is an option" do ano 2006 e que foi nominada a mellor curta de animación na edición de 2006 dos Oscar.

23 de mar. de 2017

Pantalla dixital

A pantalla dixital da biblioteca xa está acendida para facer unha homenaxe á poesía durante a súa semana.
Esta actividade que combina a papiroflexia coa poesía esta baseada na obra do artista francés Etienne Cliquet e a súa "Digital display".

21 de mar. de 2017

Semana da poesía

Hoxe comezou a celebración da "Semana da poesía" na que se desenvolveran distintas actividades para conmemorar esta data tan significativa no calendario da nosa biblioteca, como é o 21 de marzo Día Mundial da Poesía promovido pola UNESCO.

20 de mar. de 2017

Tes bo ollo!

Tes bo ollo! é unha actividade que comeza neste trimestre, que consistirá na recomendación de libros por parte de alumnos/as do centro. Teredes que buscar os ollos que vos observan e que agardan ser lidos!

17 de mar. de 2017

A maior flor do mundo

No recreo de hoxe achegamos a curta "A flor máis grande do mundo" dirixida por Juan Pablo Etcheverry con música de Emilio Aragón. Está baseada na obra de José Saramago "A maior flor do mundo".

15 de mar. de 2017

Ruta escornabot

O pasado martes mantivemos unha conversa co alumnado do CEIP Serra-Vincios (Gondomar) no que puidemos observar o moito que saben, a cantidade de traballo e ideas que hai nos centros públicos galegos.

Longa vida á poesía!

A partir do luns celebraremos na biblioteca a "Semana da poesía", na que durante os recreos o alumnado escribirá os seus pareados nuns cadrados de papel que logo formarán parte da "pantalla dixital" que colocaremos nunha das paredes. Estade atentos durante a próxima semana porque haberá novidades.
VIVA A POESÍA!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...