11 de out. de 2016

"De espectadores a protagonistas"

Xa temos data para a apertura da biblioteca, e preparádevos, porque será o 24 de outubro, que ademais é o Día da Biblioteca. Estamos organizando  diferentes actividades para conmemorar este día e tamén para dar o pistoletazo de saída ao proxecto deste curso adicado ao cine e que xa ten nome "De espectadores a protagonistas".
Aínda que seguimos coas obras de construción do ascensor no centro, que provocarán certas variacións nas rutinas da biblioteca, agardamos que sexan o menos molestas posibles para o desenvolvemento das actividades diarias. 
Durante os próximos días irémosvos anunciando as novidades e as actividades habituais que darán comezo a partir do 24 de outubro. Estamos desexando tanto coma vós que ese día chegue, pero tamén queremos podervos ofrecer todos os servizos coa maior calidade posible.
Estamos felices de estar de volta!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...