31/10/2016

Guía da biblioteca

Esta é a guía da biblioteca escolar, desde onde poderedes acceder ao plano da biblioteca, á clasificación dos fondos, á ubicación das diferentes zonas, así como ás normas xerais e ás particulares de cada recuncho.

28/10/2016

Novidades setembro e outubro


Estas son as novidades da biblioteca dos meses de setembro e outubro.
Na sección de novidades poderedes consultar os novos fondos que se adquiran durante o curso.

Os venres gústannos...

Porque este venres comezamos unha nova actividade na que queremos fomentar a cultura audiovisual e diferentes valores a través de distintas curtametraxes que proxectaremos na biblioteca todos os venres na hora do recreo. Por este motivo nomeamos esta actividade como "Os venres son curt@s".

26/10/2016

Visitamos a BPM "Rego da Balsa"

Os nenos/as de 4º e 6º de Educación Primaria visitaron a B.P.M. Rego da Balsa de Carballo. Durante esta visita coñeceron as instalacións, as diferentes seccións, a clasificación dos fondos, procura de fondos a través de internet, entre outros aspectos.

24/10/2016

Feliz Día da biblioteca!!

Hoxe estamos de festa por partida dobre, por un lado abrimos a nosa biblioteca para que a visitedes nos recreos, por outro tamén celebramos o Día da Biblioteca. Por este motivo e utilizando o pregón de Ledicia Costas para este día os nenos/as de 4º de E.P. realizaron un vídeo co que tamén aproveitamos para dar o pistoletazo de saída ao Proxecto Documental Integrado "De espectadores a protagonistas" que estará adicado ao cine.

22/10/2016

E.A.L., pero isto que é?

BY Peggy_Marco Licenza CC0 DP
O E.A.L. son os nenos/as de 5º e 6º de E.P. que forman parte do Equipo de Axudantes de Leoteca. Estes alumnos/as voluntarios encárganse de xestionar a biblioteca nos recreos da mañá, realizando diversas funcións con autonomía. Cada día un grupo de nenos/as repártense as diferentes zonas existentes na biblioteca. Durante este curso cada grupo terá o nome dun autor/a emblemático da literatura infantil.
Cada un del/as asinou un compromiso que ten unhas contrapartidas pactadas.

20/10/2016

Mochilas listas!

BY ArtsyBee Licenza CC0 DP
Mañá sairán por primeira vez durante o curso as mochilas viaxeiras, iniciando un recorrido polas casas de todas as familias que durará ata o mes de maio.

15/10/2016

Coñece o fogar de Leoteca

Durante esta semana os nenos/as de 6º de E.P. pertencentes ao Equipo de Axudantes de Leoteca (E.A.L.) explicarán ás aulas a organización e funcionamento da biblioteca. As sesións desenvolveranse no propio fogar de Leoteca.

Nesta entrada poderedes consultar o documento no que se explican os aspectos básicos. Se tedes algunha dúbida poderedes solucionalas nestas xornadas de coñecemento da biblioteca.

11/10/2016

Montamos os escornabots

Durante estas semanas estivemos tamén traballando cos escornabots nas aulas e a continuación deixámosvos varios titoriais de montaxe.
Como punto de saída os nenos/as crearon unhas mans robóticas coas que, ademais de coller pequenos obxectos, tamén aproveitaron para darlle algún susto aos seus familiares.

"De espectadores a protagonistas"

Xa temos data para a apertura da biblioteca, e preparádevos, porque será o 24 de outubro, que ademais é o Día da Biblioteca. Estamos organizando  diferentes actividades para conmemorar este día e tamén para dar o pistoletazo de saída ao proxecto deste curso adicado ao cine e que xa ten nome "De espectadores a protagonistas".

05/10/2016

Aprendemos sobre os libros electrónicos

Este curso introducimos desde a biblioteca os libros electrónicos, que como ben sabedes son uns dispositivos de menor tamaño e peso que algúns libros, polo  que pode transportarse con facilidade, e que serven para almacenar milleiros de libros, o que nos permitirá ler en calquer lugar sempre que queiramos. Non pretendemos substituir ao libro tradicional, senón que queremos facilitar outro medio de lectura, ademais de permitir o acceso a este tipo de recurso a todo o alumnado de primaria do centro.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...