18 de maio de 2016

Inauguración do Museo DinosauRus


O próximo 3 de xuño toda a comunidade educativa está convidada á inauguración do Museo DinosauRus "Unha viaxe ao pasado". A través desta visita comprobaredes todo o que o alumnado aprendeu durante este curso sobre os dinosauros, a Terra no pasado, entre outros.

A xornada comezará ás 10h. da mañá e prolongarase ata as 14:00h., en función das persoas que acudan ao evento. Trataremos de retransmitir o percorrido a través dun evento en hangouts, proximamente publicaremos o enlace.
A semana pasada enviamos ás familias as invitacións, que foron realizadas polo alumnado de 2º de E.P. e polos nenos/as que acuden ás aulas de PT e AL. Solicitamos a confirmación de asistencia durante esta semana e o número de persoas previsto, co obxectivo de formar os grupos que realizarán a visita. Cando estes estean organizados comunicaremos os horarios concretos de cada un dos grupos.
Durante o percorrido hai diferentes vídeos aos que poderedes acceder co voso teléfono intelixente ou tableta, só teredes que descargar a aplicación gratuíta Aurasma para IOS ou Android, e seguir ao usuario "leoteca" (canal DinosauRus), os/as guías indicaranvos onde está agochada esta información extra.
Lembramos que o alumnado de 5º e 6º de E.P. montará unha feira de artesanía con diferentes produtos relacionados co proxecto.
Previamente, o 23 de maio, o alumnado de 6º de E.P. do CPI Alcalde Xosé Pichel asistirá á preinauguración da exposición nunha xornada que se compatibilizará coa práctica deportiva.
Ídevoslo perder?
Esperámosvos a todos/as o día 3 de xuño!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...