14 de mar. de 2016

Contacontos da semana

Durante esta semana a programación habitual na hora de ler de "Hoxe lenos..." e "Nais e pais de conto" vese incrementada cos contacontos proporcionados pola editorial Kalandraka o martes e o xoves.

O martes haberá dobre sesión, xa que ás 10h. Patricia e Álex recrearán coa súa música algún dos contos da editorial como "A que sabe a lúa?", "O artista que pintou un cabalo azul", "O soño de Matías", entre outros. Logo, na hora de ler, os nenos/as de 6º de E.I. representarán unha obra creada por eles/as ao alumnado de 3º e 4º de E.P.
O xoves acudirá ao centro Paco Nogueiras para realizar un encontro cos nenos/as de 3º e 4º de Educación Primaria, en relación coa reedición do libro de poesía "Cantarolas".
O venres remataremos con Nais e pais de conto, nesta ocasión Ana (nai de Sara de 4ºE.P.) representará xunto con nenos/as de 4º un conto no que tratará o tema dos valores e da educación emocional.
Achegámosvos a carta que nos enviaron Patricia e Álex, ademais dos carteis dos outros contacontos.
Aínda quedan datas libres nas que participar, alguén se anima?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...