15 de feb. de 2016

"Sete dun golpe"

Retomamos a programación tanto de Nais e pais de conto e Hoxe lenos... con dúas actividades realizadas pola avoa dun alumno de 6º E.P. e o curso de 3º de Educación Primaria.

O próximo mércores, dentro da programación Nais e pais de conto, acudirá á biblioteca Mari Carmen (avoa de Antón de 6º E.P.) para transmitirlle aos nenos/as de 5º e 6º de E.P. os seus coñecementos sobre a minería. O alumnado tamén participará preguntándolle diferentes cuestións sobre o tema.
Mañá martes na Hora de ler os nenos/as de 3º de E.P. representarán o Kamishibai "El sastrecillo valiente", na versión en galego, para o alumnado de 4º e 5º de E.P. Ademais teñen outras sorpresas para realizar tras esta versión do clásico dos irmáns Grimm.
Esperamos os vosos comentarios opinando sobre estas actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...