16 de out. de 2015

As mochilas viaxan de novo

As mochilas viaxeiras comezaron hoxe as súas viaxes polas casas dos nenos/as do CEIP Canosa-Rus.
Neste curso todas as mochilas conteñen catro libros, ademais da libreta viaxeira, na que plasmar a vosa experiencia cos libros, lembrade ler o que outros compañeiros/as escribiron ou debuxaron no curso pasado.

As mochilas teñen en común:
1 libro de ficción relacionado co PDI DinosauRus.
1 libro con música.
1 libro para ler en familia.
Os soños da gaiola.
Aproveitando que no ano 2016 o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas será o poeta Manuel María enviamos en todas as mochilas a súa obra:
Os soños na gaiola, con ilustracións de Xaquín Marín. Se picades aquí accederedes a unha reseña sobre o autor e esta obra.





Agardamos que disfrutedes moito con estas lecturas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...