21/12/2013

Recomendacións de lectura. Nadal 2013.


Boas!
Este tríptico de recomendacións de lectura elaborouno o CEIP Canosa-Rus, en colaboración co CEIP Bormoio-Agualada. 
Porque quen ten un libro, ten un tesouro!

10/12/2013

Inauguración da audioteca

Boas a todos e todas:
Aquí deixamos un pequeno vídeo da inauguración da audioteca do CEIP Canosa-Rus.



Para acceder a noticia da Voz de Galicia sobre o tema, pinchade na seguinte foto!







05/12/2013

Xoves 5 de decembro: Inauguración da audioteca!

Mañá no noso colexio teremos un día moi especial,xa que  inauguraremos a audioteca escolar
( é unha ampliación da nosa Leoteca).
Comezaremos o día desvelando cal foi a carátula gañadora que pasará a ser o logotipo da audioteca do CEIP Canosa-Rus. Ao longo da xornada, cada ciclo pasará pola audioteca, onde aprenderán as normas de utilización par poder disfrutar dela a partir do próximo luns. Despois escoitrán diferentes fragmentos dos cds dispoñibles para motivalos na actividade.

Pero, que é unha audioteca?
É un espazo no que os nenos e nenas, durante os recreos, poderán disfrutar da escoita de diferentes ritmos musicais, inspirarse con distintas melodías e sobre todo aprender da cultura musical mediante diferentes actividades que iremos prantexando durante todo o curso. 
Tamén se utilizará a audioteca para diferentes clases que o requiran.
Consta de 5 equipos musicais e unha humilde selección de música que esperamos ir ampliando nos vindeiros cursos coas ideas que todos e todas podades aportar. 
Esperamos que esta nova experiencia sexa enriquecedora para toda a comunidade educativa.
Ao longo destes días colgaremos fotos do evento.

Para rematar, gustaríanos agradecer a colaboración para a posta en marcha da audioteca a colaboración da mestra Noelia Rodríguez Díaz, xa que ainda que este ano está noutro centro, foi unha das precursora desta idea. Gracias Noe!



20/10/2013

Abrimos a nosa Leoteca!

Ola a todos e todas:
Este luns 21 de outubro, ábrense no CEIP Canosa-Rus as portas da nosa LEOTECA con moitas, moitas novas.
O pasado venres algúns dos alumnos/as de 4º de Educación Primaria, interpretaron a obriña: "Luns, que festidio!" como actividade previa.
A partir deste luns 21, os nosos nenos/as poderán disfrutar da aventura de ler, de imaxinar, de crear e de moitas cousas máis nun lugar máxico e moi especial.
Como nova deste curso teremos exposicións temporais nas entradas dianteira e traseira. Este mes comezamos co tema do terror, pero terror divertido, xa que o vindeiro 31 de outubro é Samaín. Os nenos e nenas colaboraron na decoración e exposición de libros relacionados con este tema.
Esperamos que este novo curso sexa moi interesante e  divertido  para todos e todas!








06/10/2013

Unha visita moi especial

Ola a todos e todas!
O pasado venres día 4 de outubro tivemos a visita no cole da  BRUXA XABARICA E A SÚA CURMÁ!
Descubrimos que son amigas da nosa Leoteca e ademáis dixéronnos que Leoteca pronto volverá ao noso cole e abrirá a biblio! Que boa noticia! Mentres tanto deixamos posto este vídeo para que vexades a estas bruxiñas tan divertidas!

A BRUXA XABARICA E A SÚA CURMÁ

BENVIDOS A BIBLIOTECA DO CEIP CANOSA-RUS

Ola a todos e todas:
Por fin despois de moita espera e de moito traballo por parte de todo o equipo de mestras/es do CEIP Canosa-Rus, temos unha biblioteca moi especial porque é... LEOTECA.
Leoteca é a nosa bruxiña  boa, e quen nos trae tantos e tantos libros ao longo de todo o curso, e este ano Leoteca ten unha chea de sorpresas para os nenos e nenas  do noso colexio.
Dentro de nada Leoteca abrirá as súas portas para poder disfrutar nos recreos e noutros momentos, como a hora de ler, de inolvidables aventuras. 
Leoteca quérevos ensinar como está a iblio actualmente, así que disfrutade con estas fotiños!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...